MANIFESTO DA CPT
Criación do Mecanismo para a Prevención da Tortura
23 de Xullo de 2009
A Coordenadora para a Prevención da Tortura (CPT) fixo público un manifesto en que dá conta da situación das negociacións con o Governo sobre a posta en marcha do Mecanismo de Prevención da Tortura (MNPT). O prazo para a implementación deste mecanismo rematou o pasado dia 22 de Xullo, unha vez vencida a prórroga que solicitara o governo español.
No seu manifesto, a CPT alerta tamén da opacidade que rodea a designación de candidaturas para ocupar os lugares que corresponden ao Reino de España en diferentes organismos internacionais, apesar de as organizacións de DD.HH. teren reclamado insistentemente transparéncia e a participación da sociedade civil no proceso. A atitude do governo español contrasta con a doutros governos europeus que aplican políticas participativas e transparentes para a designación de candidaturas.
Categoría: Xeral |
