A ITÁLIA DE BERLUSCONI
Criminalizar a imigración e a solidariedade
09 de Agosto de 2009
"A lei italiana sobre seguridade que converte a inmigración clandestina en delito e legaliza as patrullas de cidadáns para que vixíen as rúas pola noite entrou este sábado en vigor, despois de que o decreto fose asinado polo ministro do Interior italiano, Roberto Maroni, e publicado na Gaceta Oficial.
A medida que xerou máis polémica é a que cataloga a inmigración clandestina como delito, castigando a todos aqueles estranxeiros que se achen en territorio italiano sen os papeis en regra a pagar unha multa de entre 5.000 e 10.000 euros. Así mesmo, pena con ata tres anos de cárcere a quen aloxen ou aluguen habitacións aos inmigrantes que se atopen en situación irregular.
Finalmente, a lei non inclúe a medida que fora proposta nun principio e que obrigaba aos médicos a denunciar ás autoridades a presenza de pacientes clandestinos nas súas consultas.
Outra das novidades é a prolongación de dúas a seis meses do período que os inmigrantes 'sen papeis' deben transcorrer nos centros de identificación e expulsión para facilitar que o proceso de repatriación leve realmente a termo, ao dar máis tempo ás autoridades para tramitalo.
Outra das medidas impón aos estranxeiros o pago de entre 80 e 200 euros se queren obter o permiso de residencia. Para conseguir a cidadanía italiana, en cambio, terán que pagar 200 euros.", informa A Nosa Terra
Categoría: Xeral |
