Esculca - Observatório para a Defensa dos Direitos e Liberdades
Início   Quen somos?   Opinión   Boletin   Documentos   Lexislación internacional   Mediateca   Entrevistas   Galeria   Contacto


UN FALLO GARANTE O DIREITO À TUTELA XUDICIAL EFECTIVA

Cuestionadas as expulsións encobertas de menores

20 de Xaneiro de 2009

O Tribunal Constitucional español, en sentenza de 22 de Decembro de 2008, recoñeceu a un menor marroquino o direito de se opor xudicialmente à repatriación por ter 'capacidade e maturidade suficiente' para impugnar perante a Xustiza decisións que prexudiquen os seus intereses.

No ano 2006 a Delegación do Governo de Madrid ordenera a repatriación do menor de 17 anos que estava sob tutela e protección da Comunidade de Madrid, decisión que o menor impugnou xudicialmente através dun letrado do colectivo de apoio da Coordenadora de Barrios de Madrid, quen conseguiu deter a repatriación in extremis, cando o menor xa estava no avión rumo a Rabat.

Ver  aqui o comunicado da Asociación Pro-Derechos Humanos de Andalucía.



Categoría: Xeral