Esculca - Observatório para a Defensa dos Direitos e Liberdades
Início   Quen somos?   Opinión   Boletin   Documentos   Lexislación internacional   Mediateca   Entrevistas   Galeria   Contacto


DEMANDA POR NEGAR ACESO A DOCUMENTOS

05 de Marzo de 2006
The New York Time apresentou demanda contra o Departamento de Defensa dos EUA perante o Tribunal Federal de Nova York por o Pentágono negar-se a desclasificar os documentos relativos à autorización de George W. Bush para que a Axéncia de Seguranza Nacional pudese espiar comunicacións telefónicas e electrónicas de particulares sen autorización xudicial.

O 16 de Decembro de 2005, o xornalista Eric Lichtblau solicitara sen éxito aceso a esa información. O Departamento de Defensa alega non ter recebido solicitude algunha, o que é considerado por The New York Times como unha manobra dilatória para non entregar os documentos solicitados.

Categoría: Xeral