DENÚNCIA POR DETENCIÓN ILEGAL E TORTURA
24 de Novembro de 2006
Aurélio L. e Iago B., denucian ter sido detidos ilegalmente e torturados por membros da polícia anti-distúrbios cando participavan nunha concentración en Compostela convocada contra a presenza do ex-ministro de Asuntos Estranxeiros de Israel, Shalom Ben-Ami.
Segundo o relato dos feitos, o dia 21 de Novembro, cando A.L. e I.B.. se encontravan diante da Áula Sócio-Cultural de Caixa Galicia, onde estava previsto se celebrase a conferência de Ben-Ami, axentes dos corpos de seguranza do estado procederon a sua detención por, supostamente, teren sido insultados polos agora denunciantes (extremo desmentido polas persoas ali presentes). Por outra parte, a atitude de A.L. e I.B., que pediron explicacións por ser cominados a se identificaren, foi interpretada polos axentes como resisténcia à autoridade.
Conducidos às dependéncias policiais entre golpes, pontapés e outras agresións, A.L. e I.B. permaneceron cinco horas nun calabouzo en relativa tranquilidade. Pasado ese tempo, os axentes responsáveis da detención entraron no recinto e as agresións físicas, acompañadas de insultos e ameazas, volveron comezar.
Às duas da madrugada do dia 22, os denunciantes conseguiron por fin receber a atención médica que solicitaran várias horas antes para ser tratados das lesións sofridas en numerosas partes do corpo (xenitais, costas, nádegas e cabeza).
Tamén tiveron de aguardar várias horas até conseguiren que lles fose facilitada a medicación necesária para tratar a afección crónica de órgaos vitais que padece un dos denunciantes.
Categoría: Xeral |
