Esculca - Observatório para a Defensa dos Direitos e Liberdades
Início   Quen somos?   Opinión   Boletin   Documentos   Lexislación internacional   Mediateca   Entrevistas   Galeria   Contacto


DESDE O BERCE

19 de Agosto de 2006
O debate sobre a idade en que deven ser tomadas as primeiras impresións dixitais e as primeiras imaxes faciais continua en segredo no seo do Consello de Europa, informa Statewatch.

Portugal, Hungria e o Reino Unido estarian a favor da proposta da Presidéncia do Consello que prevé o rexisto de imaxes faciais e impresións dixitais, dependendo da lexislación de cada estado, entre os 0 e 12 anos. A partir desa idade o rexisto e armacenamento destes sinais de identificación seria “obrigatório “ (cursiva no orixinal) en todos os estados da UE.

Pola sua parte Alemaña mostra-se favorável a elevar a idade mínima até os 14 anos, en tanto que Suécia prefere rebaixar ese limite até o mínimo posível. Letónia e Franza inclinan-se por rexistar as impresións dixitais a partir dos 6 anos e as imaxes faciais desde o nacimento.

O estado español opta por unha solución ainda mais drástica: “rexistar as impresións dixitais e as imaxes faciais de todas as persoas desde o nacimento”.

Fonte: www.statewatch.org

Categoría: Xeral