Esculca - Observatório para a Defensa dos Direitos e Liberdades
Início   Quen somos?   Opinión   Boletin   Documentos   Lexislación internacional   Mediateca   Entrevistas   Galeria   Contacto


DIA INTERNACIONAL CONTRA A TORTURA

23 de Xuño de 2006
A Comisión de Denuncia da Galiza e EsCULcA organizan dous actos para o 26 de Xuño de 2006, no Dia Internacional contra a Tortura. Con estes actos, pretende-se dar a coñecer à cidadania os Relatórios de diversos organismos internacionais que adverten que a prática da tortura no estado español non está erradicada.

Mui ao contrario, subliñan que existen indícios claros de que se continua a torturar nos centros de detención e privación de liberdade de todo o estado. Entre estos organismos figura o Ex-Relator Especial contra a Tortura da ONU, Theo van Boven, ou o Comité Contra a Tortura do Consello de Europa. Para alén destes organismos, son muitas as organizacións de todo o estado que levan anos expondo casos e apresentando denúncias por torturas e maus tratos tanto nos cárceres como no resto de centros de detención.

Por iso convocamos a unha acción de denúncia na Praza do Ferro de Ourense, o luns dia 26 de Xuño, às 20:00 horas. A continuación levará-se a cabo unha palestra informativa no Café Cultural Auriense, às 20:30 horas, para expor e explicar o Relatório Anual da Coordenadora para a Prevención da Tortura e o Protocolo Facultativo contra a Tortura da ONU.

Agardamos a vosa asistencia

Categoría: Xeral