Esculca - Observatório para a Defensa dos Direitos e Liberdades
Início   Quen somos?   Opinión   Boletin   Documentos   Lexislación internacional   Mediateca   Entrevistas   Galeria   Contacto


DIA INTERNACIONAL DAS PERSOAS DESAPARECIDAS

30 de Agosto de 2006
“Os EUA manteñen centenares de persoas desaparecidas en centros secretos de detención”, denuncia Amnistia Internacional no dia, 30 de Agosto, en que se lembra e todo o mundo a terrivel situación destas persoas.

“Apesar da presión internacional, o centro de Guantánamo continua funcionando e os EUA non recoñeceron ainda a existéncia de centros secretos de detención onde “prisioneiros fantasma” foron encarcerados de forma arbitrária, “desaparecidos” e submetidos a sofreren torturas e outros abusos.

Na esteira do exemplo dos EUA, países como Paquistán, Nepal, Sri Lanka e os estados indianos de Jammu e Cachemira, senten-se agora libres para facer “desaparecer” tamén eles persoas suspeitosas de terrorismo ou simples opositores incómodos. As desaparicións forzadas constituen unha violación de direitos humanos en si própria que pon a persoa “desaparecida” en perigo de sofrer novos actos de tortura e maus tratos”, subliñan.

Categoría: Xeral