DOUTRINA PAROT E TRIBUNAL CONSTITUCIONAL
27 de Outubro de 2006
En aplicación da doutrina sentada a partir do 28 de Febreiro de 2006 no caso de Henri Parot, que especifica que cando unha persoa tiver sido condenada por vários delitos o modo de cumprimento das penas será "sucesivo", Gustavo Romero Tercero, condenado por tres asasinatos e várias agresións, cometidos antes da aprovacióndo novo código penal, deverá permanecer en prisión até ao ano 2033, segundo acaba de resolver o Tribunal Supremo.Mas a validez da polémica «doutrina Parot» está nestes momentos en mans do Tribunal Constitucional e todo parece indicar que trás o cesamento do fogo declarado por ETA as cousas voltarán à situación anterior à discutida sentenza.
Ver aqui a análise do Consello da Advogacia Galega.
Categoría: Xeral |
