LENIN SOB SUSPEITA
Delinquir desde o alén
27 de Setembro de 2009
"Segundo denuncian desde Deustu, unha dúcia de axentes encarapuchados entrou por volta das nove da noite na Herriko Taberna. Dirixiron-se ao mozo en que estava detrás da barra para, despois de lle pedir documentación, anunciar-lhe que viñan retirar as fotografias. Cando o xoven contestou: que fotos? os encarapuchados ficaron mudos ao comprovaren que, con efeito, no local non havia foto nengunha de presos, outros encarapuchados da Ertzaintza levaran-nas, sen orde xudicial, o pasado 7 de Setembro.
Apesar do evidente erro, os encarapuchados permaneceron no local até apareceren outros dous axentes, tamén encarapuchados, que comezaron a tirar fotografias a un retarto de Lenin. "Enaltecer o comunismo tamén é delito? preguntavan-se estupefactos os clientes. Unha vez feitas as fotos, os axentes encarapuchados marcharon do local", informa Branka Bilkoro.
Categoría: Xeral |
