POR CRIMES DE LESA HUMANIDADE E CRIMES DE GUERRA
Denúncia contra Israel en Bruxelas
24 de Xuño de 2010
Un cidadán belga de orixe paletiniana e outros trece residentes en Gaza apresentaron onte, 23-06-2010, unha denúncia en Bruxelas contra catorce líderes e oficiais israelitas por crimes de lesa humanidade e crimes de guerra.
A querela, apresentada xunto da Fiscalia Federal de Bélxica, comprende os acontecimentos rexistados en Decembro de 2008 e Xaneiro de 2009 no seio da operación Chumbo Fundido, en que os sionistas mataron 1.400 persoas palestinianas, a maioria delas civis e muitos nenos.
Por outro lado, o Concello de Bilbo aprovou onte, con os únicos votos en contra do Partido Popular, unha moción en que denunciaron o ataque sionista à Frota da Liberdades e reclamaron o respeito dos direitos humanos, asi como o direito do povo palestiniano a constituir un estado independente.
Fonte: Gara (24-06-2010)
Categoría: Xeral |
