Esculca - Observatório para a Defensa dos Direitos e Liberdades
Início   Quen somos?   Opinión   Boletin   Documentos   Lexislación internacional   Mediateca   Entrevistas   Galeria   Contacto


O XENOCÍDIO GALEGO

Denúncia nos tribunais arxentinos

28 de Abril de 2010

O próximo 30 de Abril, às 12:30 horas (17:30 na Galiza) diversos colectivos galegos, entre eles EsCULcA, apresentarán perante a Cámara Federal de Buenos Aires escrito de adesión à querela que o pasado 14 de Abril apresentaron duas vítimas do xenocídio galego (Darío Rivas e Inés García Holgado) xunto con numerosos organismos arxentinos. Tamén serán entregadas denúncias individuais de familiares das vítimas asi como documentos relativos aos casos de máis de 5000 persoas galegas mortas e desaparecidas no franquismo, información reunida através do proxecto "Os nomes, os lugares, as voces" dirixido polo historiador Dionisio Pereira e no que colaboraron as tres universidades galegas.

Concidindo con esta apresentación, no exterior do tribunal terá lugar un acto de apoio e solidariedade en que participarán numerosas asociacións arxentinas, defensores de direitos humanos, persoas relevantes do mundo da cultura e representantes da Federación de Asociacións Galegas na Arxentina.

Tamén na Galiza está previsto realizar actos de apoio à iniciativa e denúncia do xenocídio como. Está xa confirmido o da Praza da Princesa de Vigo às 20:30, que contará com a presenza de Xosé Maria e Afonso Álvarez-Cáccamo, Manuel Forcadela, Xosé Luís Méndez Ferrín, Xesus Alonso Montero, Gonzalo Navaza, Anxo angueira, Marta Dacosta, Xosé Cid Cabido, Lorena Lores, Diego Alcántara, etc.

Mais información aqui.



Categoría: Xeral