CONTRA AXENTES SEN IDENTIFICAR
Denúncia por agresión e insultos na rua
19 de Agosto de 2009
O pasado 17 de Agosto, X.D.F.P. apresentou denúncia no xulgado de instrución núm. 2 da Coruña contra tres homes que se identificaron como axentes da polícia secreta. O xoven acusa-os de o teren insultado e agredido nunha rua próxima à zona do Orzán. Segundo explica no seu escrito, os feitos aconteceron sobre as tres e meia da madrugada do 13 ao 14, cando X.D.F.P. estava na porta de un pub de Juan Canalejo e viu que un grupo de tres homes increpavan alguns rapaces por, supostamente, estaren fumando porros. O denunciante e dous amigos aproximaron-se para ver o que acontecia e os axentes obrigaron-nos a acompañá-los. Poucos metros mais adiante teria-se producido a agresión violenta (labazadas e ameazas) que agora se denuncia, informa La Opinón.
Categoría: Xeral |
