SENTADA PARA IMPEDIR CONSTRUCIÓN ILEGAL
Denuncian agresión policial contra manifestación pacífica
21 de Xullo de 2009
A asociación ecoloxista Verdegaia, integrada na Rede Galiza non se Vende denuncia que cando unhas 15 persoas tentavan impedir o acesode camións que non contavan con licenza nun acto de protesta pacífico foron agredidas pola Guarda Civil e várias delas resultaron feridas ou foron detidas. Un membro do Foro Social de Cangas recebeu unha pancada na perna recentemente operada e tivo de ser conducido a un centro hospitalário.
"Entre os detidos están numerosos activistas de colectivos integrantes da rede Galiza Non Se Vende: Tiago, do Foro Social, detido e esposado por estacionar o vehículo diante das obras; Sangabriel, do Foro Social de Cangas, agredido cun mocazo na cara; Edi, de Bouzas Móvete, agredido e esposado; Sabela, de Verdegaia, agredida e lesionada nunha perna; Pichi, de Luita Verde; Pasatem, de Caleidoskopio; Pipas, de Fuga em Rede; Iria, da Ría Non se Vende; todos eles inmobilizados de forma violenta e detidos sobre as doce do mediodía. Da mesma forma, detiveron a Marichu Álvarez, do grupo municipal ACE do Concello de Cangas.", informan.
Mais información aqui.
Categoría: Xeral |
