O PARTIDO DO GOVERNO DÁ MARCHA ATRÁS
Despenalizar a venda ambulante
19 de Marzo de 2010
Coincidindo con a finalización do prazo para a apresentanción de emendas à reforma do Código Penal que desde 2003 castiga a venda ambulante de CDs, centos de persoas participaron o 13 de Marzo nas accións Manta Branca en várias cidades do estado para reclamaren a despenalización desta actividade.
Pola sua parte, o partido do Governo apresentara no Congreso unha emenda para taxar as "mantas" polo valor dos orixinais no mercado e fixar en 400 euros o limite entre o crime e a simples falta. De prosperar esta emenda, farian falta apenas 25 exemplares e un xuiz disposto a aplicar textualmente a lei para levar un manteiro ao cárcere, con o que a prevista eliminación do artigo do Código Penal que figurava na proposta do governo ficaria sem efeito.
Categoría: Xeral |
