REFLEXIÓNS PARA O DEBATE
Documento sobre prostituición
23 de Novembro de 2009
A Asociación Pro-Derechos Humanos de Andalucía (APDHA), fixo público un estudo sobre prostituición en que repasa algunhas das preocupacións que actualmente preocupan a organización en torno a tan polémico asunto: Documento sobre Prostitución. Reflexiones para el debate.
Non se trata de expor ou desenvolver unha liña estanca de interpretación do fenómeno, afirman, senón de tentar avanzar no coñecimento das realidades que viven as persoas que traballan no sexo, centando-se naquelas situacións que apresentan maiores problemas de exclusión social. "Xa que esta é a razón de ser da nosa asociación: procurar a plena garantia no cumprimento dos Direitos Humanos, partindo do ponto de vista do contacto con as persoas mais excluídas da sociedade", declaran.
Ver aqui o documento.
Categoría: Xeral |
