Esculca - Observatório para a Defensa dos Direitos e Liberdades
Início   Quen somos?   Opinión   Boletin   Documentos   Lexislación internacional   Mediateca   Entrevistas   Galeria   Contacto


ESTUDANTES BAIXO SUSPEITA

18 de Outubro de 2006
Despois que hai uns dias o FBI obrigase a sair da aula unha aluna de apenas 14 anos (Laura Wilson) para a interrogar sobre as críticas expresadas contra a política Bush nun foro da rede, agora é o governo Blair quen arremete contra os estudantes. Neste caso contra os de “aspecto asiático” ou de confisón musulmana, que –segundo proposta do Departamento de Educación difundida por The Guardian- deverian ser vixiados de perto. De prosperar a proposta, os docentes terán que pór en coñecimento das autoridades calquer indício de relación con grupos extremistas que observen nas aulas.

Categoría: Xeral