A COOPERACIÓN ITALO-LÍBIA CONTRA EMIGRANTES E SOLICITANTES DE ASILO
Empurrados. Acosados.
22 de Setembro de 2009
"Mallan en nós. Mallán en toda a xente, homes e mulleres. Normalmente no mesmo cuarto en que estamos encerrados. Mais às veces levan fora algunhas persoas. Eu non, mais outras mulleres foron levadas fora".
Human Rights Watch fixo público o pasado 21 de Setembro o seu relatório "Empurrados. Acosados. O regreso forzado por Itália de migrantes e solicitantes de asilo. Os maus tratos de Líbia de migrantes e solicitantes de asilo" en que recolle os arrepiantes testemuños de algunhas persoas que conseguiron alcanzar as costas de Itália e Malta.
O acordo de cooperación entre Itália e Líbia asinado o pasado mes de Maio instituiu a prática de arrastar as embarcacións interceptadas en águas internacionais de volta a Líbia sen determinar se entre as persoas que viaxan a bordo hai refuxiados, doentes, feridos, mulleres grávidas, menores non acompañados, vítimas de tráfico de persoas ou outras formas de violéncia, afirma HRW
Categoría: Xeral |
