A SITUACIÓN DOS DIREITOS HUMANOS NO REINO DE ESPAÑA
Entrevista con o Relator Especial da ONU
30 de Marzo de 2009
"Penso que o ponto de vista do Governo de España é demasiado amplo. Actua contra alguns grupos que non teñen relación con a voléncia. ter o mesmo obxectivo que ETA non deveria ser delito nen tampouco servir para ilegalizar un partido político, polo menos se non ten relación con a violéncia"; afirma Martin Scheinin, Relator Especial da ONU sobre a situación dos direitos humanos no Reino de España, nunha entrevista publicada en Sin Permiso (tradución para o español do original publicado en Berria).
Na entrevista, o Sr. Scheinin manifesta tamén a sua opinión sobre o rexime de detención incomunicada, a clausura de xornais, o elevado número de denúncias por torturas e mesmo a resposta -insatisfatória ao seu ver- do governo Zapatero às recomendacións feitas por diversos organismos internacionais críticos con a situación dos direitos humanos no Reino de España.
Ler aqui a entrevista completa, aqui o Relatório e aqui a resposta do Governo do Reino de España.
Categoría: Xeral |
