A CURIOSIDADE DE SARKOZY
Espectacular aumento das escuitas telefónicas
18 de Agosto de 2009
“Un estudo revelado polo coñecido xornal parisino Le Figaro hai uns dias afirma que as intervencións telefónicas no estado francés aumentaron un 44% no período de 2001 a 2008. O traballo “Estudo de direito comparado en matéria de organismos de controlo para as intervencións telefónicas”, realizado por Claudine Guerrier, investigadora e profesora de Direito de Telecomunicacións na escolaTélécom et Management Sud-Paris, mostra que as escuitas telefónicas realizadas a petición dos xuíces de instrucción pasaron de 5.845 no ano 2001 a mais de 26.000 o pasado ano.
Para o Ministério de Xustiza, esta expansión é a consecuéncia lóxica do ‘endurecimiento da política penal’do Governo, que fai que tamén aumenten as intervencións xudiciais e por iso, matiza, ‘a taxa de casos resolvidos’”, informa Gara.
Categoría: Xeral |
