FONTES DE INFORMACIÓN E XUSTIZA USA
18 de Agosto de 2006
William Alsup, xuiz federal de San Francisco, decretou o pasado 1º de Agosto o ingreso en prisión do xornalista freelance Josh Wolf por “desacato ao tribunal”. O xornalista negara-se a entregar à polícia arquivos de vídeo gravados durante as manifestacións de San Francisco contra a celebración da cimeira do G8 en Escócia en Xuño de 2005. Segundo a polícia as imaxes mostrarian o incéndio intencionado de un veículo de axentes federais.
Josh Wolf negou ter imaxes mais precisas sobre o obxecto da investigación que as xa difundidas por vários meios áudio-visuais e lembrou o princípio segundo o cal, no estado de Califórnia, nengun xornalista está obrigado a divulgar as suas fontes por a lexislación deste estado estabelecer que os comunicadores sociais teñen direito a preservar a confidencialidade das suas fontes informativas, as suas notas e os seus arquivos persoais ou profisionais.
Mais o xuiz William Alsup, despois de afirmar non ser a sua intención atacar a confidencialidade das fontes, considerou que a negativa do xornalista constituía desacato ao tribunal por a necesidade do governo de aceder a eses vídeos ser, na sua opinión, mais importante que as proteccións constitucionais e por non existir unha lei de ámbito federal que exonere os xornalistas de colaborar na investigacion de un “grande xúri”.
Vácuo legal que deixa desprotexido Johh Wolf xa que, aproveitando que o veículo queimado pertencia às forzas de seguranza federais, o caso foi entregado à xustiza federal.
Se o xornalista fose xulgado polas autoridades do seu Estado teria protección plena, mais desta feita está submetido à lei federal que, paradoxalmente, é muito menos protectora.
Fonte: Reporteiros sen fronteira (www.rsf.org)
Categoría: Xeral |
