Esculca - Observatório para a Defensa dos Direitos e Liberdades
Início   Quen somos?   Opinión   Boletin   Documentos   Lexislación internacional   Mediateca   Entrevistas   Galeria   Contacto


O DERRADEIRO CENTRO DE MENORES DE XESTIÓN PÚBLICA

Fim do Centro de Montealegre?

25 de Xaneiro de 2012

O Comité de Empresa da consellaría de Traballo e Benestar vén de manifestar o seu rexeitamento ao peche definitivo do Centro de Menores de Montealegre, en Ourense, de titularidade e xestión pública.

O Comité denuncia que con esta decisión se elimina un centro enteiro que presta, desde hai 30 anos, un servizo básico e impecable na reinserción na sociedade de menores en risco de exclusión social.

Fronte a isto, exixe que se fagan as obras necesarias de mellora das instalacións e continuar prestando este servizo público e de calidade.

O Comité asegura que esta é unha proba evidente do desmantelamento dos servizos públicos que se está a levar a cabo en toda Galiza e alerta de que a consellaría pretende eliminar 65 postos de traballo, dos que 19 serían de Ourense.

A decisión de desmantelar servizos públicos, explican, afecta especialmente a Ourense, onde malia contar cun número moi escaso de prazas para os usuarios destes centros e unha elevada demanda, tanto en Centros de Maiores, Menores, Escolas Infantís ou non haber ningún centro para discapacitados, péchase un centro enteiro.

Contra esta decisión convocan unha concentración no edificio administrativo de San Caetano, o venres 27 de xaneiro, ás 9:30 horas

Fonte: Avantar



Categoría: Xeral