O ZAPATAZO A ERDOGAN
Forzando o direito penal
20 de Marzo de 2010
O 22 de Febreiro, o activista curdo Hokman Joma chamou 'criminal' ao primeiro ministro de Turquia, Recep Tayyip Erdogan, cando este saia de un acto protocolário en Sevilla, ao tempo que lanzava un zapato que acabou impactando no automóvel oficial.
Hokman Joma foi reducido de imediato e posto en prisión preventiva, medida excepcional de duvidosa legalidade que se reserva a casos en que hai indícios de delito mui grave. Ainda que decretar prisión preventiva por alarma social é anticonstitucional, a titular do xulgado 11 de instrución de Sevilla considerou-na xustificada pola 'repercusión internacional' do feito.
A asociación de xuristas Grupo 17 de Marzo, que se fixo cargo da defensa do detido, denunciou excesos e irregularidades.
Imputa-se a Joma un delito de inxúrias agravado por tratar-se de un mandatário estranxeiro, o que é tecnicamente discutível e non ten precedentes dado que as exclamacións proferidas por Joma non foron por agora merecedoras da consideración de delito. Ainda que foi reducido de maneira fulminitante, sen opor resisténcia algunha e sen constaren lesións causadas aos axentes, imputa-se-lle un delito de resisténcia a autoridade.
O zapato que o xornalista iraquiano Muntadhar al-Zeidi lanzou a Bush foi taxado en 2 anos de cadea. No casode Joma, a condena pode chegar a ser de até 12 anos.
Mais información aqui.
Categoría: Xeral |
