Esculca - Observatório para a Defensa dos Direitos e Liberdades
Início   Quen somos?   Opinión   Boletin   Documentos   Lexislación internacional   Mediateca   Entrevistas   Galeria   Contacto


DENUNCIA REPORTEIROS SEN FRONTEIRA

Forzas Armadas Israelitas agrenden xornalistas

24 de Abril de 2009

A asociación Reporteiros sen Fronteiras dirixiu-se o pasado 14 de Abril ao ministro israelita Ehud Barak para denunciar o repetido uso da violéncia das forzas armadas de Israel contra xornalistas que cobren as manifestacións pacífica en protesta pola construción do muro chamado de "seguranza".

"As forzas armadas israelitas son directamente responsáveis destes incidentes", afirma RSF no seu escrito.

Desde Xaneiro de 2009 son xa sete as persoas agredidas cando realizavan o seu traballo, entre elas a española Cristina Rivas ferida de seriedade nunha perna encanto cobria unha manifestación en Bil'in. Todas estas persoas estavan perfeitamente identificadas como xornalistas. 


Mais información aqui.



Categoría: Xeral