Esculca - Observatório para a Defensa dos Direitos e Liberdades
Início   Quen somos?   Opinión   Boletin   Documentos   Lexislación internacional   Mediateca   Entrevistas   Galeria   Contacto


INDULTO PARA AXENTES CONDENADOS POR TORTURA

28 de Novembro de 2005
O Consello de Ministros do pasado 25 de Novembro aprovou a concesión dun indulto parcial para os tres axentes da polícia local de Vigo condenados pola Audiéncia de Pontevedra a tres anos de cárcere e oito de inabilitación por deteren ilegalmente e agrediren un vendedor ambulante de nacionalidade senegalesa, Sr. Mamadou Kane. O indulto, que fora solicitado polo anterior alcalde de Vigo, Sr. Ventura Pérez Mariño, evitará que os axentes ingresen en prisión e sexan inabilitados.

O 16 de Marzo de 1997, Sebastián F.E., Elena F.B., Juan Manuel P.R. e Celso A.B. detiveron na praia de Samil o Sr. Kane e conduciron-no a un monte próximo ao campus universitário onde o insultaron e mallaron nel durante mais dunha hora, segundo consta na denúncia. Posteriormente o agredido foi posto en liberdade sen nengun tipo de cargos.

Categoría: Xeral