INTERNETE E CENSURA
27 de Novembro de 2007
“... o pasado dia 31 de Outubro o Congreso dos Deputados aprovou o proxecto de Lei de Medidas de Impulso da Sociedade da Información, que inclui unha modificación da LSSI con que se pretende dotar as autoridades administrativas de mecanismos legais para censurar a Internete. A lei, cuxo périplo final no Senado ainda é unha incógnita, deixa en maos da autoridade administrativa a apreciación de se un determinado contido afecta ou non a liberdade de expresión.Especialmente sarcástico é o contido do artigo 11, onde se afirma que “a autorización do secuestro de páxinas de Internete ou da sua restrición cando esta afectar os direitos e liberdades de expresión e información e outros amparados nos termos estabelecidos no artigo 20 da Constituición só poderá ser decidida polos órgaos xurisdicionais competentes”, informa Banda ancha, que salienta a incongruéncia da expresión
"Cando esta afectar", como se toda a Internete non fose unha publicación en que calquer secuestro afecta sempre a liberdade de expresión.”
Categoría: Xeral |
