Esculca - Observatório para a Defensa dos Direitos e Liberdades
Início   Quen somos?   Opinión   Boletin   Documentos   Lexislación internacional   Mediateca   Entrevistas   Galeria   Contacto


CAMPAÑA BOICOT, DESINVESTIMENTO E SANCIÓNS

Importante veredicto do Tribunal da UE

16 de Marzo de 2010

O Comité Nacional da Campaña Boicot, Desinvestimento e Sancións congratula-se da Resolución (que deveria ter sido emitida hai tempo) do Tribunal de Xustiza da UE que afirma que os produtos israelitas dos colonatos construídos nos territórios palestinos ocupados non entran no acordo alfandegário preferencial asinado con Israel. Segundo a Cuarta Convención de Xenebra, todos os colonatos israelitas son ilegais e constituen crimes de guerra. O Comité pede aos 27 estados membros da UE que acaten o veredicto do Tribunal na sua totalidade e sen demora, como un primeiro paso para unha proibición total dos produtos dos colonatos israelitas. Tamén urxe a sociedade civil a presionar os respectivos governos para que estes actuen en conformidade con esta Resolución.

Mais información aqui e aqui.



Categoría: Xeral