Esculca - Observatório para a Defensa dos Direitos e Liberdades
Início   Quen somos?   Opinión   Boletin   Documentos   Lexislación internacional   Mediateca   Entrevistas   Galeria   Contacto


VOCES AUSENTES

Iraque: o dossier popular

31 de Xaneiro de 2010

Coincidindo con a comparecéncia de Tony Blair perante a comisión que investiga a participación do Reino Unido na invasión do Iraque, e sob o título Iraq: The People's Dossier, a plataforma británica Stop the War, acaba de publicar unha compilación de perguntas e testemuños das “voces ausentes” no inquérito oficial.
Con este traballo a plataforma pretende encher as óbvias lacunas da investigación que leva a cabo a comisión presidida por John Chilcott e evitar que se repita a fraude do infame dossier que serviu de escusa a Tony Blair para xustificar no seu dia a agresión.
“Interrogatórios medrosos e reverentes de políticos, diplomáticoa, militares e funcionários non é a via para investigar a decisión de política exterior mais desastrosa do pasado século” afirman portavoces da plataforma que o pasado 29 de Xaneiro convocou unha concentración nas portas do Centro de conferéncias QEII de Westminster onde comparecia Tony Blair.
Mais información aqui.



Categoría: Xeral