Esculca - Observatório para a Defensa dos Direitos e Liberdades
Início   Quen somos?   Opinión   Boletin   Documentos   Lexislación internacional   Mediateca   Entrevistas   Galeria   Contacto


PROTECCIÓN DAS FONTES

Irlanda. Fallo histórico

28 de Xuño de 2009

En Resolución feita pública o pasado 18 de Xuño, o xuiz de Belfast Tom Burgess recoñece à xornalista Susanne Breen o direito a negar-se a entregar as notas das entrevistas que mantivo con membros da organización paramilitar Real IRA despois do atentado do pasado mes de Marzo, en que morreron dous soldados británicos.

A entrega dese material, alegava Susanne Breen na sua negativa, suporia unha infracción à confidencialidade xornalística ao tempo que poria en perigo a sua vida. Argumentos que aceita o xuiz Burgess, quen afirma que obrigar a xornalista a facer entrega do material, como esixia o Servizo de Polícia de Irlanda do Norte, vulneraria o direito à vida recoñecido na Convención Europea de Direitos Humanos.

 



Categoría: Xeral