Esculca - Observatório para a Defensa dos Direitos e Liberdades
Início   Quen somos?   Opinión   Boletin   Documentos   Lexislación internacional   Mediateca   Entrevistas   Galeria   Contacto


O CASO LUIGI TOSTI

Itália: crucifixos nos tribunais

26 de Xaneiro de 2009

O 17 de Febreiro terá lugar en Roma o xuízo de apelación do xuiz Luigi Tosti previsto para o 18 de Novembro do pasado ano. Luigi Tosti foi condenado a 12 meses de prisión e destituído das suas funcións xudiciais (con a consecuéncia de suspensión de salário) por negar-se a facer xustiza baixo o crucifixo. 

No seu recurso, o xuiz alega que a constituición republicana de 27 de Decembro de 1947 estabelece que todos os cidadáns "son iguais perante a lei, sen distinción de sexo, raza, língua, relixión" (Artigo 3)e que a directiva do ministro fascista Rocco de 1926, que estabelece que os crucifixos deven estar visíveis nas salas de audiéncia, embora nunca derrogada polos sucesivos Governos posteriores, é claramente anticonstitucional.

Mais información aqui.



Categoría: Xeral