LIBERDADE DE INFORMACIÓN
04 de Febreiro de 2005
O 7 de Outubro de 2003, a ACLU (American Civil Liberties Union), xunto con outras organizacións civis (Physicians for Human Rights, Veterans for Common Sense, Veterans For Peace...) iniciou unha acción xudicial para reclamar, ao amparo do disposto na Lei de Liberdade de Información (Freedom of Information Act – FOIA), a desclasificación da información relativa aos prisioneiros dos EE.UU.Mais de 600 documentos que o governo pretendia substrair ao coñecimento público, incluído un memorando do FBI en que se descreve como funcionários do Departamento de Defensa interrogan un prisioneiro de Guantánamo simulando ser axentes do FBI e utilizando “técnicas de tortura”, poden agora ser consultados en www.aclu.org.
“Unha leitura atenta destes textos demostra que ainda falta por desclasificar muitos outros documentos importantes” –afirma ACLU-. “Continuaremos luitando por defender o direito da sociedade a coñecer a actuación do governo e a saber por que se permitiron estes abusos e quen son os responsáveis.”
Categoría: Xeral |
