Esculca - Observatório para a Defensa dos Direitos e Liberdades
Início   Quen somos?   Opinión   Boletin   Documentos   Lexislación internacional   Mediateca   Entrevistas   Galeria   Contacto


LINGUAXE FRANCA E NON DIPLOMÁTICA

12 de Xaneiro de 2006
O Consello de Europa nega-se a desclasificar a acta de unha reunión da Troika do Comité de Política e Seguranza con representantes dos EUA, alegando que o documento recolle a expresión “franca” e “non diplomática” dos membros do alto organismo europeu e os funcionários estado-unidenses.

Na reunión, que tivo lugar en Bruxelas o 26 de Maio de 2004, participaron as delegacións permanentes de Itália, Irlanda e Holanda e a acta a que agora se nega o aceso recolle as decisións que ali se tomaron sobre diversos asuntos de ámbito rexional e internacional, asi como os diferentes pontos de vista dos responsáveis europeus e –in extenso- o posicionamento dos representantes norte-americanos.

Mais información en Statewatch.

Categoría: Xeral