Esculca - Observatório para a Defensa dos Direitos e Liberdades
Início   Quen somos?   Opinión   Boletin   Documentos   Lexislación internacional   Mediateca   Entrevistas   Galeria   Contacto


MANIFESTO A FAVOR DA SUA RESTAURACIÓN E FORTALECIMENTO

Lexislación laboral e direitos sindicais

25 de Novembro de 2009

"Desde hai xa máis de trinta anos, a imposición de medidas flexibilizadoras na organización do traballo conduciu a unha forte deterioración da situación dos traballadores, tanto do sector público como do sector privado. Con todo, unha ofensiva aínda máis profunda vense desenvolvendo nos últimos tempos, con efectos crecentes ano tras ano. Esta ofensiva púxose en marcha cando a Comisión Europea decidiu en 2005 que era necesario 'modernizar a lexislación laboral'. Desde entón, tanto a través de medidas nacionais (tales como as diversas reformas levadas a cabo en Franza, que quebrantaron as regulacións laborais) como mediante a intervención da Unión Europea, os dereitos situados no cerne da lexislación laboral e os dereitos sindicais sufriron fortes ataques, indignos dos sistemas políticos chamados democráticos", afirma-se no manifesto promovido por quince proeminentes académicos da UE contra as políticas de regresión social que ameazan seriamente os direitos sindicais dos traballadores europeus.

O manifesto está aberto à asinatura de todas as persoas e colectivos para quen a lexislación laboral e os direitos sindicais son elementos esenciais no bon funcionamento da democracia.

Para apoiar o manifesto preme aqui.



Categoría: Xeral