VITORIA LAICISTA
Luigi Tosti absolvido
20 de Febreiro de 2009
Despois de tres anos, o xuiz italiano Luigi Tosti, condenado en Novembro de 2005 a sete meses de prisión e inabilitado por un ano de todos os seus cargos públicos por se opor a facer xustiza baixo o crucifixo, foi finalmente absolvido o 17 de Febreiro de 2009 en terceira e última instáncia.
O Sr. Tosti xa anunciou que continuará a defender que se retiren os crucifixos de todas as salas de audiéncia: "Eu ou os crucifixos", afirmou.
Categoría: Xeral |
