Esculca - Observatório para a Defensa dos Direitos e Liberdades
Início   Quen somos?   Opinión   Boletin   Documentos   Lexislación internacional   Mediateca   Entrevistas   Galeria   Contacto


MARCHA AO CÁRCERE DE TEIXEIRO

18 de Decembro de 2006
O dia 23 de Decembro de 2006, sábado , vai celebrar-se un ano mais a
marcha à macrocadea de Teixeiro, con hora de reunión às doce da mañá na
esplanada frente à gasolineira que hai na nacional a tres quilómetros do
desvio que dá aceso à cadea.

Como xa ven sendo costume doutros anos, a marcha transcorrerá pola
estrada chamada nacional até o aceso ao cárcere, onde haverá unha concentración en
solidariedade con as persoas recluídas no CP de TEIXEIRO.

A marcha convoca-se baixo o lema "SE HAI UN MOTIN HAI MIL MOTIVOS", en
alusión ao mediático "motin" acontecido no mes de Xullo no módulo de
isolamento e que , segundo as denúncias dos presos formuladas perante o
xulgado de instrución de Betanzos non foi senón un novo episódio de
rigor desnecesario e tortura no CP de TEIXEIRO.

Categoría: Xeral