MEDIDAS PENDENTES
12 de Decembro de 2005
O 7 de Decembro, en nome da Coordenadora para a Prevención da Tortura, o Presidente de EsCULcA, Fernando Martínez Randulfe, dirixiu un escrito ao presidente do Governo Galego, Sr. Pérez Touriño, e à Presidenta do Cámara, Dona Dolores Villarino, solicitando insten o governo español a tomar as medidas que reiteradamente solicitan os organismos internacionais, as asociacións de defensa dos direitos e as liberdades e os próprios órgaos lexislativos españóis para erradicar a tortura en todo o território do estado, lembrando o mandato do Congreso e o Senado ao governo para que este ratifique e poña en funcionamento de imediato o Protocolo Facultativo à Convención contra a Tortura.A Coordenadora para a Prevención da Tortura dirixiu asi mesmo escrito ao presidente do Governo Español, Sr. Zapatero, lembrando-lle a necesidade de axilizar os trámites para evitar que continuen producindo-se este tipo de delitos por funcionários do estado e recordando-lle que este ano o 10 de Decembro (Dia Internacional dos Direitos Humanos) foi consagrado à luita contra a tortura.
Categoría: Xeral |
