SENTENZA DO TS
Maior control xudicial sobre traslado de persoas presas
18 de Xaneiro de 2012
Unha sentenza do Tribunal Supremo reforza o control xudicial dos traslados de persoas presas cando se fundamentan na sobreocupación das prisións.
Un preso do C.P. de Alxeciras, que en 2007 fora trasladado ao C.P.de Córdoba por alegada sobreocupación da primeira destas prisións, recorreu esta medida e solicitou a práctica das dilixencias necesarias para determinar: a) número de internos no C.P. de Alxeciras e Granada no momento do traslado -con indicación do número de internos con orixe diferente destas provincias.; b) cifra máxima de internos atinxida nestes centros en 2006 e 2007 e c) criterios establecidos con carácter xeral para a adopción das decisións de traslado de centro.
Despois de ser denegada polo Tribunal Superior de Xustiza de Madrid a práctica da proba proposta, o Tribunal Supremo resolve agora que esta proba non era intrascendente xa que tentaba xustificar algúns aspectos relacionados coa ocupación dos centros e as pautas en materia de traslado que poderian resultar útiles para o pronunicamento.
A proba proposta polo interno, segundo o TS, é relevante a efectos de permitir un control xurisdicional da actividade da Administración Penitenciaria en canto se dirixe a desvirtuar a veracidade e certeza dos motivos que expresa a decisión tomada pola Dirección Xeral de Institutucións Penitenciarias.
Fonte: Derecho Penitenciario
Categoría: Xeral |
