Esculca - Observatório para a Defensa dos Direitos e Liberdades
Início   Quen somos?   Opinión   Boletin   Documentos   Lexislación internacional   Mediateca   Entrevistas   Galeria   Contacto


Delito contra a Coroa

Mais do mesmo

26 de Maio de 2008
O pasado 24 de Abril, a Audiéncia Nacional (AN) estimou o recurso de apelación interposto contra a sentenza do Xulgado Central do Penal que condenara Jaume R. C. y a D. Enric S. T. por un delito contra a Coroa, anulando-a e retrotraendo as actuación ao momento do xuízo oral.

No seu recurso, a defensa alegava infracción de direitos fundamentais que provocara indefensión e vulnerara o seu direito a un proceso con todas as garantias , extremos que agora admite a AN.

“...a decisión do xulgador supuxo unha infracción do direito a un proceso xusto con interdición da indefensión ao ter-se negado aos acusados o direito a se defenderen na sua língua materna, veren-se sancionados como se non tivesen declarado e impedir-se-lles o seu direito à última palabra. Porque a opción de declarar na sua língua materna corresponde de maneira exclusiva ao acusado en exercício do seu direito público subxectivo à autodefensa ou defensa persoal, direito personalísimo recollido no art. 24.2 da Constituición.

Produciu-se unha vulneración das garantias específicas do direito de defensa –ao non autorizar o xulgador a intervención de intérprete e impedir ou limitar o exercício da última palabra- que deve reparar-se mediante a declaración de nulidade da sentenza recorrida, retrotraindo as actuacións ao momento do xuízo oral, este incluído”


Jaume R. C. y a D. Enric S. T., estavan acusados de queimar unha fotografia de Juan Carlos e Sofía de Borbón no curso dunha concentración precedida por unha manifestación encabezada por unha faixa en que se lia: “300 anos de borbóns, 300 anos combatendo a ocupación española”. Os imputados, despois de colocaren a citada fotografia boca abaixo terian deitado sobre ela líquido inflamável para despois lle prender lume.

Categoría: Xeral