Esculca - Observatório para a Defensa dos Direitos e Liberdades
Início   Quen somos?   Opinión   Boletin   Documentos   Lexislación internacional   Mediateca   Entrevistas   Galeria   Contacto


A GUERRA EN ORIENTE MÉDIO

Médicos aprovaron tortura e negaron atención médica a prisioneiros

07 de Xullo de 2010

Médicos estado-unidenses en Oriente Próximo aprovaron rotineiramente a tortura de suspeitosos capturados e negaron-lles medicamentos críticos como a insulina, às veces con consecuéncias letais, segundo un informe publicado en Utne Reader.
En Decembro de 2001, o secretário de defensa Donald Rumsfeld emitiu unha directiva que permitia os interrogadores negaren a atención médica en situacións que non fosen de emerxéncia para que a "homes con lesións, incluindo feridas de bala, fose negado tratamento como meio para os facer falar", escreve a autora Justine Sharrock. Ainda que a directiva foi redvogada pouco despois "a prática continuou", afirma.
Os interrogatórios realizados na infame instalación de Abu Ghraib en Bagdag tiñan de ser aprovados previamente por un médico e un psiquiatra e a CIA recebeu ordes parecidas para os castigos que inflixia nas suas instalacións.
Sharrock cita o médico Andrew Duffy da compañia médica 134 da Guarda Nacional de Iowa quen lle dixo que a atitude dos médicos de Abu Ghraib para con os prisioneiros era "à merda con estes tipos!" e que el fora ridicularizado por tratar de salvar a vida de un home mediante a reanimación cárdio-pulmonar.
Pouco despois da publicación das fotos de Abu Ghraib que arrepiaron o mundo en 2004 e de o Pentágono ter prometido deixar de maltratar prisioneiros, "os homes continuavan sendo atados a cadeiras de suxeición e abandonados ao sol durante horas ou encerrados en celas demasiado pequenas para se deitaren", escreve Sharrock. "Os médicos encontravan regularmente prisioneiros desidratados, con os pulsos ensangrentados por alxemas demasiado estreitas, nocellos inchados por teren sido obrigados a permanecer en pé, articulacións desconxuntadas por posicións forzadas". (A ex comandante de Abu Ghraib Xeneral Janis Karpinski estimou unha vez que un 90% dos prisioneiros eran inocentes).
Nun caso que tivo que ver con o detido núm. 173379, que parecia precisar unha inxección de insulina, dixeron aos enfermeiros que lle inxectasen solución salina utilizando unha agulla de calibre 14 de un diámetro de mais de dous milímetros, o tipo utilizado para castigos ou para disuadir prisioneiros de pediren atención médica; os polícias militares polvillaron-no con aerosol de pimenta e encerraron-nunha pequena cela no calor escaldante, escreve Sharrock. Morreu o dia seguinte. A queixa de Duffy ao seu capitán supervisor desapareceu.
O máximo responsável da saúde do Pentágono, o doutor Wiliam Winkenweder Jr., permitiu en 2005 que médicos militares participasen en torturas e compartillasen antecedentes médicos con interrogadores sempre que un detido non fose oficialmente o seu paciente, escreve Sharrock. Winkenweder, acrescenta, recebeu ese ano un galardón da Asociación Médica Estado-Unidense (AMA, nas suas siglas en inglés) por contribuicións excepcionais "à mellora da saúde pública". A AMA negou-se a condenar as práticas de tortura do Pentágono e da CIA e non reaccionou cando en Febreiro de 2006, a Comisiónde Direitos Humanos das Nacións Unidas condenou doutores estado-unidenses por teren participado "sistematicamente" en maus tratos a detidos. O bioético Steen Miles da Escola de Medicina da Universidade de Minnesota dixo que a condena da ONU deveria ter sido "un apelo às armas" mais "a AMA non dixo nada".
Sharrock asinala que nengun dos máximos responsáveis da AMA con os que se puxo en contacto estivo disposto a comentar o seu artigo. A Xunta Reguladora do Estado, que ten autoridade para suspender licenzas, tampouco "sancionou nunca un doutor pola sua axuda na tortura militar".
Canto à Asociación Psiquiátrica Estado-Unidense (APA), o seu presidente Steven Sharfstein asinalou en Maio de 2006 que os psiquiatras "non terian problemas" se obedecian ordes militares antes da recomendación da APA de que os seus membros non axudasen directamente en interrogatórios, a que, acrescentou, non deveria considerar-se "unha regra ética", escreve Sharrock.

Sherwwod Ross: Middle East War: U.S. Doctors Approved Torture and Denied Medical Care to Captives

O artigo de Sharrock, Doctors without ethics, foi publicado inicialmente en The Mother.



Categoría: Xeral