OUTRA VEZ TEIXEIRO
Medida desnecesária, discriminatória e ilegal contra familiares de persoas presa
30 de Novembro de 2009
Os últimos fins de semana os funcionários non permitiron aos familiares dos presos vascos internos na prisión de Teixeiro visitaren os seus fillos e cónxuxes se non aceitavan ser rexistados mediante apalpacións corporais. A medida non é necesária porque para iso están o arco e a raqueta, é discriminatória porque non se esixe aos familiares de outras persoas presas e é ilegal porque non se coñece nengunha circular de Instituicións Penitenciárias que ordene aos funcionários realizar este tipo de rexistos.
Cando os familiares perguntaron por qué se tomava esa medidas e pediron ver a circular que eventualmente a ordena, a resposta non só foi groseira e soez, tamén foi violenta. Iñaki Peña, despois de aguardar un mes a que lle fose concedida autorización para visitar o fillo, foi detido pola Guarda Civil sob acusación de "desobediéncia a autoridade" e permaneceu retido 5 horas.
"Percorrera mais de 500 kms para estar con o filho e queria vé-lo", afirma.
Mais información aqui.
Categoría: Xeral |
