Esculca - Observatório para a Defensa dos Direitos e Liberdades
Início   Quen somos?   Opinión   Boletin   Documentos   Lexislación internacional   Mediateca   Entrevistas   Galeria   Contacto


NOMEAMENTO INADMISÍVEL

12 de Decembro de 2005
A Associação contra a Exclusão pelo Desenvolvimento (ACED) denunciou publicamente a decisión do Consello de Europa de nomear membro do Comité Europeu para a Prevención da Tortura o anterior Director Xeral dos Servizos Prisionais Portugueses –Celso Manata- coñecido polas suas túrbidas actividades e a crueldade con que actuou contra as persoas presas no exercício do seu cargo.

“O Sr. Celso Manata assumiu o cargo mais elevado do sistema prisional português na sequência da demissão do seu superior hierárquico (Marques Ferreira) ameaçado de morte depois de ter denunciado publicamente estarem as prisões portuguesas fora do controlo da legalidade e da cadeia de comando do sistema prisional”, afirma a ACED, que tamén lembra a brutalidade exercida contra os internos da prisión de Caxias en 1996 cando, simulando reprimir un motin que en realidade nunca chegou a existir, Manata evitou que vários xornalistas pudesen obter información sobre a situación no interior do cárcere. Recorda asi mesmo as suas manobras contra asociacións de apoio às persoas presas e diversos casos individuais en que pudo ser demonstrada a responsabilidade directa deste señor na prática de tratamentos cruéis e degradantes.

A Coordenadora para a Prevención da Tortura vai apresentar de imediato unha queixa formal perante o Consello de Europa contra esta inadmisível decisión que afecta non só un dos seus estados membros senon o conxunto da Unión Europea.

Categoría: Xeral