NORUEGA: ESTADO E IGREXA
05 de Xuño de 2006
Na secuéncia das recomendacións do relatório dunha comisión governamental nomeada en 2002, a Noruega iniciou a discusión pública sobre a separación entre o Estado e a Igrexa.
Neste país a Igrexa Luterana Evanxélica e, constitucionalmente, a igrexa do Estado. A constituición desta monarquia impón tamén que o monarca e polo menos metade dos membros do governo profesen a relixión do Estado, sen que se saiba o que deven facer no caso de algun deles vir a perder a fé. Os membros do clero luterano son funcionários públicos e existe nas escolas públicas un curso obrigatório de “relixión cristá”, aliás xa condenado polo Tribunal Europeu dos Direitos Humanos como resultado de queixas apresentadas por persoas ateas e musulmanas.
Esta situación anacrónica está a tornar-se insustentável e, conxugada con a separación entre Estado e Igrexa que se efectivou na Suécia no ano 2000, mostra que a idea de laicidade progresa na Escandinávia. Existen, no entanto, desenvolvimentos contrários noutros pontos do norte de Europa. Por exemplo no Reino Unido, onde o Governo “desconta pontos” às escolas públicas que non realicen diariamente unha oración conxunta a que os alunos só poden negar-se a requerimento dos pais.
Categoría: Xeral |
