NOVA MORTE NO CÁRCERE DA LAMA
12 de Decembro de 2006
Isabel Jiménez Perales foi achada morta na sua cela o pasado dia 9 de Decembro, vítima ao que parece de intoxicación medicamentosa. Por agora non se determinou se devido a un acto voluntário ou acidental.Este novo drama produce-se apenas quince dias despois de que a Comisión de Denúncia de Galiza protestase diante do centro penitenciário polo elevado número de mortes que se producen no seu interior e reclamase unha investigación independente das circunstáncias que provocan estas mortes.
Categoría: Xeral |
