CIMEIRA EN ESTRASBURGO
Non à OTAN
26 de Marzo de 2009
A axéncia de notícias France Press informa da presión que a polícia de Estrasburgo exerce estes dias sobre aquelas persoas que exiben nas xanelas das suas casas faixas con lemas contrários à reunión da cimeira da OTAN que terá lugar nesta cidade os dias 3 e 4 de Abril.
"Foi o meu fillo quen abriu a porta" -conta Christian Grosse-, "dixeron-lle: ou retira-la ti ou retiramo-la nós". O fillo, intimidado, aceitou retirar a faixa. "Mais voltei a pó-la o dia seguinte", afirma.
Uns 500 colectivos de 23 países xa anunciaron que celebrarán unha contra-cimeira eses mesmos dias e que esperan reunir entre 30.000 e 60.000 persoas.
Mais información aqui.
Categoría: Xeral |
