70 MULLERES TENTARÁN ROMPER O BLOQUEO
Nova ameaza ao estado sionista
18 de Agosto de 2010
A próxima e terrível ameaza xa disparou as alarmas en Israel. Esta vez, nen os falcóns sionistas serán capaces de encontrar escusas para asaltar o barco en que 70 mulleres de 16 estados, entre eles o español, desafiarán o bloqueo contra a Faixa. Como antes os activistas do Mavi Mármara, as mulleres do Mariam irán completamente desarmadas. "Non haverá nen un coitelo, porque todos os utensílios son de plástico", explica Samar el Hajj, responsável da misión. O barco irá escoltado por el Naji al Ali en que viaxarán 40 xornalistas.
O governo israelita xa anunciou que considera calquer tentativa de romper o bloqueo unha provocación e o seu ministro de Asuntos Estranxeiros, Avigdor Lieberman, pediu aos seus homólogos europeus, entre eles Moratinos, que convenza as autoridades libanesas de impedirem a partida do Mariam.
Pola sua parte, o xeneral Gabi Ashkenazi defendeu perante a comisión israelita que supostamente investiga o acontecido no Mavi Mármara o comportamento dos seus soldados e lamentou a sua estratéxia no convés do cargueiro humanitário: "Deveríamos ter utilizado atiradores de precisión para neutralizarmos quen tratava de obstaculizar os nosos soldados", afirmou antes de acrescentar que se no futuro houver unha situación similar, usará franco-atiradores.
Mais información aqui.
Categoría: Xeral |
