ANTES DO XOGO ATLÉTICO DE MADRID-CELTA
Nova denúncia contra a actuación policial en Vigo
14 de Febreiro de 2010
Outro xoven vigués, E.V.D., vítima da brutal actuación policial do pasado dia 28 de Xaneiro nas imediacións do estádio de Balaídos, apresentou denúncia contra o Corpo Nacional de Polícia acompañada de parte de lesións emitido no Complexo Hospitalário Universitário de Vigo.
O mozo afirma na sua denúncia que cando se dirixia ao estádio a presenciar o xogo (Atlético de Madrid-Celta) viu pasar correndo un grupo de xente cara a entrada do fondo do estádio. Ao igual que muitas outras persoas que circulavan nese momento polo lugar, E.V.D. continuou andando con normalidade. Ao pouco, foi alcanzado por vários axentes anti-distúrbios que tamén viñan correndo e que comezaron de imediato a mallar nos viandantes que nada tiñan a ver con o altercado.
E.V.D. foi collido entre dous axentes, deitado no chao e golpeado brutalmente durante vários minutos (porrazos e pontapés) que lle provocaron lesións en brazos, xoenllos e cadeiras. Tamén recebeu golpes na cabeza e tivo que receber pontos de sutura no hospital onde foi atendido. Todo iso aconteceu apesar dos berros de muitas persoas que se encontravan no lugar e puderon presenciar a brutal malleira.
Segundo diversas fontes, o número de lesionados foi mui elevado, ainda que se descoñece se se apresentaron mais denúncias.
Categoría: Xeral |
