DESTA VOLTA A FAMILIARES DE PERSOAS PRESAS
Nova evasiva da Defensora del Pueblo
21 de Xullo de 2010
As famílias de militantes independentistas pre@s no cárcere de Teixeiro que o pasado mes de Xaneiro apresentaran queixa ao Valedor do Pobo solicitando a abertura de dilixéncias para evitar as sistemáticas vulneracións dos seus direitos nas visitas vis-à-vis, receberon hai uns dias resposta da Oficina de la Defensora del Pueblo, organismo a que o Valedor derivara a queixa.
Na sua resposta, a Sra. Cava de Llanos xustifica estas medidas excepcionais con o argumento, por demais, peregrino de seren precisas “cuando existen sospechas de que el comunicante puede ser portador de objetos prohibidos".
Submeter todas as persoas que son ou visitan militantes independentistas (incluidos menores) a rexistos que incluen nu integral e apalpamentos manuais, mesmo cando o arco e a raqueta non deron sinal algunha de alarma, con a escusa de todas elas seren suspeitas de cometer infraccións, só pode ser entendido como unha nova discriminación contra este colectivo, que padece xa as duras consecuéncias da ilegal politica de dispersión e alegados maus tratos e tortura a que Instituicións Penitenciárias submete os seus familiares.
Categoría: Xeral |
