Reclaman que se esclarezan as circunstáncias en que se produciu
Nova morte no cárcere de Teixeiro
27 de Xaneiro de 2010
O pasado 16 de Xaneiro, Antonio Pallas, compostelano de 29 anos, apareceu morto en estrañas circunstáncias na sua cela no módulo de ingresos do Centro Penitenciário de Teixeiro.
Segundo os responsáveis da prisión, a morte teria-se producido por suicídio mais a plataforma Queremos saber, formada por persoas que coñecian Antonio Pallas, pon en dúvida esta versión que contraria abertamente a sua atitude vital .
De feito, a atitude dos funcionários, que negaron aos familiares a posibilidade de recoñeceren o corpo cando este foi transladado ao Complexo Hospitalário da Coruña (mesmo despois de lle ter sido praticada a autópsia) e a inexplicável demora na entrega do cadáver (às 3:00 da madrugada do dia 20) deitan sérias suspeitas sobre as circunstáncias en que se produciu esta morte, a terceira no prazo de un mes nunha prisión coñecida polas duras condicións a que son submetidas as persoas presas.
Mais información aqui.
Categoría: Xeral |
