Esculca - Observatório para a Defensa dos Direitos e Liberdades
Início   Quen somos?   Opinión   Boletin   Documentos   Lexislación internacional   Mediateca   Entrevistas   Galeria   Contacto


CRIMES DE GUERRA NA FAIXA DE GAZA

Novas acusacións contra Israel

26 de Marzo de 2009

O xornal británico The Guardian reuniu provas que incriminan Israel por presumíveis crimes de guerra durante a agresión à Faixa de Gaza.


Segundo os xornalistas Clancy Chassay e Julian Borger, o exército israelita teria utilizado nenos palestinos como escudos humanos, teria bombardeado casas ocupadas por civis con avións de controlo remoto de alta precisión e atacado servizos médicos que acudian en auxílio de persoas feridas.


The Guardian deu a coñecer tamén tres vídeos en que se recollen os testemuños deste tipo de accións.



Categoría: Xeral