TENTARÁN ROMPER O BLOQUEO A GAZA
Novas frotas da liberdade
08 de Xullo de 2010
O ataque contra a Frota da Liberdade e a decisión de manter o bloqueo que asfixia Gaza, está provocando unha resposta non prevista por Israel: a organización de múltiplas frotas de axuda humanitária que tentarán romper o cerco:
. IHH, a organización turca responsável da Frota da Liberdade, anunciou o envio de seis barcos en Xullo.
. A organización xudia alemá, Xudeus Europeus por unha Paz Xusta fretará un barco que partirá a finais de Xullo.
. A Meia Lua Vermella iraniana anunciou o envio de tres barcos e mesmo un avión con axuda humanitária.
. Desde o Líbano, o Movimento Palestina Libre e Reporteiros sen Limites enviarán en breve un buque con axuda.
. Tamén desde o Líbano, 50 mulleres de várias nacionalidades irán en breve a Gaza a bordo do barco Mariam, con medicamentos, principalmente contra o cancro.
Fonte: Periódico Diagonal.
Categoría: Xeral |
